Diplomada en Enfermería pola Universidade de Santiago de Compostela. Poeta e narradora. Premio de Poesía Miguel González Garcés en 2006, Premio de Poesía Erótica Illas Sisargas en 2019, Premio de Poesía Afundación en 2021 e Premio Nacional da Crítica 2022. Obra individual: Poesía: Rendéome no tempo (edición de autora, 1998), Ámome en por min (Espiral Maior, 1999), O peso da derrota (Espiral Maior, 2000), Lenzo das madrugadas (Follas Novas, 2003), A seitura dos tristes (Follas Novas, 2006), O pozo da ferida (Deputación da Coruña, 2006), Do corpo e a súa ausencia (Esquío, 2010), A ansia do lóstrego (Follas Novas, 2012), A náusea como un puñal (en formato dixital, 2019), Peixes que esvaraban ao unísono (Caldeirón, 2020), Hortensia (Medulia, 2020), E o sol era Ela (Afundación, 2021) e As flores do baleiro (Galaxia, 2024). Narrativa: Dubido se matei a Lena (Xerais, 2000) e O trevo da sorte (Baía, 2003). Obra colectiva: Narradoras (Xerais, 2000), Negra Sombra. Intervención poética contra a marea negra (Espiral Maior/Xerais/Federación de Libreiros de Galicia, 2003), Antoloxía de mulleres poetas de século XX (Universidade de San Petesburgo, 2004), Dez anos de poesía nas Pontes (Galebook, 2013), Versus cianuro. Poemas contra a mina de ouro de Corcoesto (Caldeirón, 2013), 150 Cantares para Rosalía de Castro (edición dixital, 2015), Donas vintecatro (Olga, 2017), La lluvia en el mar. Una antología de poesía gallega contemporánea (Pigmalión, 2018). Así fala Penélope (Unha antoloxía de xénero) (Chan da pólvora, 2022), Aquén do mar (Chan da pólvora, 2023). Antoloxía XX aniversario Premio de Poesía Afundación (2002-2022), (Afundación, 2023) e Cantos de dor e liberdade (Tempo Galiza, 2024).