(5)



Eu, sobre do incenso,
sobre do peito do amante
que rumia o meu nome.
Eu, distante de min,
para ser delas.
A testimuña da dor,
a infantil memoria.

Non podo imaxinar
a vaxina desfeita,
a brutal agresión,
o desgarro da alma,
o afastamento mesmo
de ser só iso, un oco,
a fatalidade,
unha nena
que só agochaba dentro
a posibilidade de ser un día
muller.