(4)



Tratou de penetrar
a miña saia,
abrirse paso cara
ao cheiro doce
da miña vaxina de nena,
aínda intransitábel.

Non sei como,
e eu amei aquel adolescente
que por ciúmes
me chamou puta.
Por que?
Eramos nenos
agardando a vida sen máis,
e eu iniciábame
no desexo
de ser coma eles:
un home.