(3)




Se me observo desde fóra, non me amo.
Se me comparo, non me sirvo.
Se me imaxino, non me alcanzo.
Esta é a teoría da autodestrución.

Dentro de min sei do meu valor,
o ser máis verdadeira, o ritus
amargo da miña dor,
a bágoa que retembra,
a xenreira do meu sexo
incapacitado e feble.

Desexaría que non fose utilizado á miña contra.