(2)



Amar ás veces para decatarnos
de que aqueles que amamos
nin sequera existen. Amar
para ficar así, soas, feridas
e engañadas, maltratadas tantas veces,
caendo na nosa propia rede,
na nosa propia trampa,
tecida tan só por nós,
porque tan só nosoutras
estabamos dispostas
para o amor sen medida.